Tetilla D.O.P. :

O acompañante perfecto para sobremesas doces.

CATA

Forma: conoidal con codia.

Aspecto visual: pasta moi branda con ollos.

Cor: esbrancuxada

Olor: leite

Textura: pégase ao padal.

Sabor: un punto ácido potencia a súa frescura. Regusto a leite fresco.

DESTACA

A súa frescura na boca convérteno nunha peza fantástica para combinar con outros sabores doces.

Posúe o número un do rexistro do Consello Regulador da Denominación de Orixe de Queixo de Tetilla.

UTILIZACIÓN

Este queixo protagoniza moitas sobremesas acompañado por marmeladas, xeleas, ou doce de marmelo, non obstante, tamén se pode utilizar na elaboración de pratos salgados nos que se pode aproveitar a súa grande cremosidade, como na lasaña de espinacas.

É un dos queixos españois máis interesantes para elaborar unha torta de queixo ao forno, como a típica da cidade de Nova York.

CARACTERÍSTICAS

Pasta: branca cremosa e uniforme con poucos ollos. Codia fina e elástica, cor amarela palla e sen mofos, aroma suave, lixeiramente ácido, sabor lácteo manteigoso e salgado suave.

Ingredientes: leite pasteurizado de vaca, callo, cloruro cálcico e sal.

Dimensións e peso: forma conversa cónica. Peso de 1,055 kg en caixas de 4 pezas e 0,825 kg en caixas de 6 pezas.

Conservación: en cámara frigorífica a +4 e +8 C.

Presentación: en caixas de catro pezas.