Queso Arzúa Ulloa :

Denominación de orixe protexida.

CATA

Forma: circular con codia.

Aspecto visual: pasta con ollos

Cor: esbrancuxada

Olor: leite e feo

Textura: cremosa e lixeira

Sabor: equilibrio de ácido e de amargo. Con regusto verde que lembra a vida da vaca.

DESTACA

O seu aroma e sabor envolve o padal.

A mediados de 2010 concédenlle a Tabeirós Terra de Montes e O Deza a inscrición no Consello Regulador de Queixo de Arzúa Ulloa D.O.P.

UTILIZACIÓN

Este queixo convida a pouca elaboración, porén, salsas, cremas e soufflés serán deliciosos se o levan coma protagonista.

É idóneo para tomar de sobremesa, para combinar con pera ou preparar en elaboracións de flans, tortas e mousses coma a de queixo con augardente e mel.

CARACTERÍSTICAS

Pasta: branca cremosa e uniforme con poucos ollos. Codia fina e elástica cor amarela palla e sen mofos, aroma suave, lixeiramente ácido, sabor lácteo manteigoso e salgado suave.

Ingredientes: leite pasteurizado de vaca, callo, cloruro sódico e sal.

Dimensións e peso: forma redonda. Pesos de 3,300 kg (grande) e 0,950 kg (pequeno).

Conservación: en cámara frigorífica a +4 e +8 C

Presentación: en caixas de 1 peza (grande) e en caixas de 6 pezas (pequeno).