Mousse de queso Arzúa-Ulloa de El Labrador Estradense al aguardiente sobre miel de Galicia

Esta sobremesa leva consigo tres dos sabores máis emblemáticos das terras galegas: o do queixo de Arzúa-Ulloa, o da augardente e o mel. A combinación é perfecta e cada cullerada faite sentir parte dos seus montes, ríos e praias.


INGREDIENTES

120 gramos de queixo Arzúa-Ulloa El Labrador Estradense

70 mililitros de leite

40 gramos de queixo crema

50 gramos de azucre

125 mililitros de tona

2 xemas

5 gramos de xelatina en follas

5 mililitros de augardente

Mel de Galicia

Cecimbre (para adornar)

ELABORACIÓN

Hidrata a xelatina en auga fría durante 10 minutos. Corta o queixo de Arzúa-Ulloa en anacos e engade o leite quente. Pasa esta mestura polo brazo americano ata obter unha pasta cremosa. Engade o queixo crema e resérvao. Levanta as xemas ao baño maría con 25 gramos de azucre ata que cheguen ao punto de cordón, é dicir, que tomen unha consistencia espesa e un ton amarelo forte.

Engade entón a xelatina en remollo, remove e cando perda a calor engade a augardente e a mestura co queixo que reservamos anteriormente. Engádelle ademais a tona montada con 25 gramos de azucre e mestura ata ter unha crema homoxénea.

Colócaa en moldes de silicona de porcións individuais para que non se peguen e deixa enfriar. Desmolda á hora de servir e coloca cada porción sobre unha cullerada pequeña de mel. Adorna cunha folla de aromático cecimbre.