Lasaña de espinacas con queso de tetilla El Labrador Estradense

Autora: Yanet Acosta
O máis habitual é encontrarnos con receitas de lasañas de carne, pero neste caso propoñemos as espinacas como protagonistas, porque xunto ao queixo e a bechamel resultan exquisitas.
Para a súas elaboración usamos o queixo de tetilla, pero tamén funciona á perfección co de Arzúa –Ulloa.


INGREDIENTES

6 láminas de pasta precocida para lasaña

1 bolsa de espinacas frescas (250gramos)

½ cebola

75 gramos de tomate triturado

Pementa negra moída

2 culleradas de fariña

30 gramos de manteiga El Labrador Estradense

1 cullerada pequena de aceite de oliva virxe extra

250 gramos de queixo de tetilla ou de Arzúa-Ulloa de El Labrador Estradense

Noz moscada

Sal

Follas de alfábega fresca (para decorar)

ELABORACIÓN

Coce cun dedo de auga fervendo as espinacas, soamente un par de minutos. Escórreas ben, cortáaas e resérvaas.

Pon a quentar a cullerada pequena de aceite de oliva virxe extra e pocha nel a media cebola cortada en xuliana. Engade un chisco de pementa negra, sal e as espinacas cocidas. Remove e engade o tomate triturado.

Aparta o lume e engade as tres cuartas partes do queixo cortado en tiras (o resto resérvase para poñer na superficie da lasaña).

Noutro cazo fai a bechamel. Para iso pon a derreter a manteiga e rela sobre ela un pouco de noz moscada e engade as dúas culleradas de fariña. Remove ben e vai vertendo o leite pouco a pouco sen deixar de remover. Para evitar a creación de grumos o mellor é utilizar unhas varas manuais. Cando espese, retira do lume.

Dispón entón unha bandexa de forno de cristal rectangular na que porás as tres primeiras láminas na base.

Estende logo as espinacas co queixo e sobre elas coloca as outras tres láminas de pasta. Cúbreas con toda a bechamel e pon sobre elas o cuarto do queixo que queda relado.

Pon todo ao forno previamente prequentado a 180 C durante 20 minutos.

Sírvea en porcións no prato e decora cunha folla de alfábega.