Graso Madurado :

Tamén coñecido como queixo de bóla, é ideal só ou en ensaladas.

CATA

Forma: circular con codia de parafina vermella.

Aspecto visual: pasta practicamente uniforme, sen ollos.

Cor: amarela pálida

Textura: manteigosa

Sabor: ácido, salgado e cun punto amargo. Regusto doce e lembranzas a froito seco.

DESTACA

Un queixo compacto, pero de textura manteigosa que se funde con facilidade na boca.

UTILIZACIÓN

Resulta ideal para tomalo só ou en ensalada, como por exemplo, a ensalada de salmón.

Tamén cun toque de calor para un aperitivo envolto por unha rebanda de touciño entrefebrado.

CARACTERÍSTICAS

Pasta: semidura, con algúns ollos, cor branca amarelenta, aroma moi suave.

Ingredientes: leite pasteurizado de vaca, callo, fermentos lácticos, cloruro cálcico e sal.

Peso aproximado: pequeno 0,590 kg

Conservación: en cámara frigorífica a +4 e +6 C

Presentación: en caixas de seis pezas parafinado en vermello e envolto en papel cellophane.