Fresas con nata Daniel Torres y jalea de cítricos

Autora: Yanet Acosta

A tona da queixería de Daniel Torres véndese habitualmente a pastelarías e panadarías. É una tona fresca e saborosa, nada comparable con outras tonas pasterizadas líquidas para montar. Tamén se pode mercar directamente no despacho da fábrica. Na familia é tradición que cando é tempada de amorodos na sobremesa dunha celebración sexa a mítica combinación de amorodos con tona. Para darlle un aire algo distinto, nesta receita proponse unir outras froitas e froitos secos e darlle un contrapunto cunha xelea de limón.

O ideal é ter preparada a xelea de limón como unha conserva que se poderá utilizar para tomar sobre o queixo como sobremesa ou en calquera outra elaboración.

No caso de que non sexa época de amorodos, aproveita para utilizar outras froitas, como por exemplo o melocotón, que resulta delicioso acompañado de rica tona.


INGREDIENTES

350 gramos de amorodos

100 gramos de framboesas

30 gramos de pistachos

4 culleradas pequenas de azucre moreno

200 gramos de tona da queixería Daniel Torres

Para a xelea de cítricos:

4 limóns

1 laranxa

½ raíz de xenxibre

1 litro de auga

½ quilo de azucre

ELABORACIÓN

Da xelea:

Espreme os limóns e as laranxas e conserva as súas peles cortadas en tiras, así como o que queda despois de espremelas. Coce na auga o zume, as tiras da pel dos cítricos, a raíz de xenxibre pelada e cortada en láminas. Engade os restos de polpa dentro da muselina ou gasa, que tras a cocción se retirarán. Coce a lume medio ou baixo durante dúas horas.

Ao rematar a cocción retira a muselina cando estea tibia e espreme os xugos. Engade o azucre e coce á vez que removes ata que estea completamente disolta. Unha vez que chegue a ebulición apaga o lume e deixa macerar durante 15 minutos. Verte a xelea en botes secos preparados para conservar.

Do prato:

Tras lavar e cortar os amorodos, colócaos nun prato ou bol individual. Engade as framboesas e unha boa cullerada de tona. Espolvorea o azucre moreno e deixa caer unhas culleradas de xelea de limón. Adorna con algúns pistachos limpos sen sal.