Ensalada de salmón con queso de bola El Labrador Estradense

Autora: Yanet Acosta

Cada ano na Estrada celébrase a Festa do salmón e que nos lembra o momento en que se abre o período de pesca nos coutos do río Ulla ao seu paso por esta localidade (Couso, Sinde e Ximonde).
Esta celebración que se repite desde 1974 foi catalogada en 2013 como Festa de Interese Turístico de Galicia.
Os restaurantes propoñen tapas e pratos elaborados con salmón, un produto que marida á perfección cos queixos galegos e, especialmente, cos elaborados pola familia Torres.


INGREDIENTES

1 leituga pequena

250 gramos de salmón

250 gramos de queixo de bóla El Labrador Estradense

1 aguacate

4 cogombros novos Alcaparras

Mostaza

Aneto

Aceite

Vinagre

ELABORACIÓN

Lava a leituga e centrifúgaa para eliminar a auga sobrante. Fai unha cama de fondo coas súas follas tenras e enriba coloca os tacos de queixo, aguacate e de salmón. Adorna con algúns toros de cogombros novos e alcaparras. Finalmente salpícaa cunha vinagreta feita con vinagre branco de viño, aceite, mostaza e aneto seco.