Crema de calabaza especiada al queso de A Ponte Vella

Autora: Yanet Acosta

Na casa dos Torres non falta a cabaza. Recóllese na horta e consérvase na lareira meses despois da súa recollida.
Mesturar o sabor doce da cabaza coa cremosidade do queixo é todo un acerto, especialmente se se lle dá un toque exótico de especias.


INGREDIENTES

500 gramos de cabaza

50 gramos de manteiga El Labrador Estradense

Noz moscada

200 gramos de queixo A Ponte Vella

1 porro

Auga

Sal

Ceboliño (para adornar)

ELABORACIÓN

Nunha cazola pon a manteiga e quenta a lume baixo ata que se derreta. Engade un porro cortado en toros e deixa que se poche lentamente. Agrega entón unha cabaza, a punta dunha culler de sal e a noz moscada relada. Remove ben e engade auga xusto ata cubrir a verdura.

Deixa cocer a lume medio e cando estea branda a cabaza retíraa do lume, engade o queixo cortado en anacos e pásao pola túrmix ou o pasapurés.

Sirve cunha palliña de ceboliño por enriba.