Aperitivo de queso de bola El Labrador estradense con bacon y mermelada de tomate

Autor: Restaurante Samaná

O queixo é un dos produtos comodíns para preparar un aperitivo antes dunha comida ou o acompañamento dunha cervexa ou viño. Ao natural, está fantástico, pero para darlle unha sorpresa a quen convides á casa podes preparar esta sinxela receita.


INGREDIENTES

4 tacos de queixo cortados lonxitudinalmente

4 rebandas de touciño entrefebrado

Unhas culleradas pequenas de marmelada de tomate, preferiblemente caseira.

ELABORACIÓN

Prepara o touciño entrefebrado á prancha. Unha vez torrado, envolve con cada lámina un taco de queixo e pínchao cun escarvadentes. Antes de que cheguen os convidados dálle un toque de calor ao forno para que o queixo se funda un pouco, o mínimo para que non perda a consistencia. Dispón os tubos sobre un prato e acompáñaos dunha boa marmelada de tomate.

O contraste é delicioso.