A Ponte Vella :

A tapa ideal para acompañar un viño branco ou unha cervexa.

CATA

Forma: circular con codia de parafina amarela.

Aspecto visual: pasta con algun ollo.

Cor: amarela palla

Olor: graxo

Textura: firme

Sabor: amargo. Regusto a manteiga, froitos secos e tona.

DESTACA

Funciona só á perfección como tapa para acompañar un viño branco ou unha cervexa.

UTILIZACIÓN

Ademais de só, tamén pode ofrecer o contrapunto curioso a algunha crema de verduras como a cabaza.

CARACTERÍSTICAS

Ingredientes: leite pasteurizado de vaca, callo, cloruro cálcico e sal.

Peso: 1,450 kg en caixas de 4 pezas e 0,900 kg en caixas de 6 pezas.

Conservación: en cámara frigorífica e +8 C

Presentación: en caixas de 4 pezas.